As Encrobas a ceo aberto |
Proxección do filme e mesa redonda |
Celebrado no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) de A Coruña - 3 de Maio de 2008 |
O dia 3 de Maio organizamos no CGAI de A Coruña a proxección da película "As Encrobas a ceo aberto", seguida dunha mesa redonda coa participación de Ramón Muñiz (Sociólogo e fundador dos CALL) e dúas veciñas que participaron no seu dia na loita das Encrobas.
Foi un acto moi emotivo e ilustrativo do que pasou naquela época, pero tamén do que segue a acontecer naquel val. A asistencia foi moi numerosa (mais da metade da capacidade da sala) e a participación contou entre outros coa intervención de xente que no seu dia formara parte da Comisión negociadora como o Costiñan.
O acto foi presentado polo proprio director da película ao que unha vez mais lle temos que agradecer a súa presenza pero, sobor de todo, facer unha película tan bonita que sirve para que todos coñezamos o que pasou naquela época e que dalgún xeito representou o rexurdir do campo galego.
Fotos
IMG_0011.jpg |
IMG_0020.jpg |
IMG_0022.jpg |
IMG_0023.jpg |
IMG_0025.jpg |
IMG_0026.jpg |
IMG_0035.jpg |
IMG_0038.jpg |
IMG_0064.jpg |