Acto conmemorativo do 25 de Abril -2008 |
Representación da obra Fisterra - Unha visión en construcción sobre o espírito da Revolución do 25 de Abril |
Celebrado no Auditorio do Forum Metropolitano de A Coruña - 30 de Abril de 2008 |
Un ano mais celebramos o 25 de Abril, Revolución dos Caraveis en Portugal. Coa idea de buscar cousas distintas, iste ano decidímonos por unha obra de teatro. E a verdade que foi un éxito,tanto de público como a propria obra en si.
Era unha estrea, con todo o que iso supón. Unha obra que dalgún xeito unirá a Galicia e Portugal. Pero non só na trama senón tamén na acción.
O primeiro conqueríuse pois o texto recolle unha "peregrinación" a Fisterra por parte de dous herdeiros da revolución. En canto o segundo foi posibel pola colaboración de actores galegos. A iles temoslles que agradecer a colaboración: o grupo de teatro da Coruña.
Para saber mais da obra tedes o díptico que editamos.
Ou sexa que foi unha xornada solidaria, pedagóxica e lúdica.
Quedará tamén grabado para nós a saída do Presi ao escenario. Hehehehe. A bó seguro que non contaba con isa "encerrona". De calqueira xeito que controle un pouco o "espíritu revolucionario" que é moi alto.
Fotos