Nace no mes de Novembro do ano 2002 partindo da realidade das consecuencias derivadas da catástrofe do Prestige, para dar unha resposta a inoperancia, incompetencia e falta de alternativa dos gobernos das Administracións Española e Galega.

Queremos reivindicar a figura do esquecido pintor do noso mar, Urbano Lugrís, plantexándonos como obxectivos, dinamizar e propor todo tipo de iniciativas que axuden á concienciación e mobilización da sociedade galega.

Para elo é polo que nos constituímos formal e legalmente como Asociación sócio-cultural Urbano Lugrís (Colectivo Urbano Lugrís), co obxectivo de dinamizar calqueira proceso de iniciativas sócio-culturais que axuden o desenvolvimento da nosa cultura.