Que é o Colectivo Urbano Lugrís?
O Colectivo Urbano Lugrís nace no mes de Novembro do 2002 a raíz da crítica situación vivida en Galicia como consecuencia do accidente do "Prestige".
Partindo da realidade que as consecuencias derivadas da catástrofe do "Prestige" tanto económicas, sociais, políticas, meio-ambientais ou sociolóxicas están a representar um alto custo á sociedade galega no seu conxunto - e a poboación costeira en particular - O Colectivo Urbano Lugrís propon-se servir como elemento dinamizador das arelas de capas da sociedade civil sen organizar e, polo tanto, sen cauces para dar respostas puntuais diante subordinada a intereses alleos.
Constituímonos, pois, como grupo de presión para manter viva - como País - a nosa Dignidade!
Por qué o nome de Urbano Lugrís?
Porque reflexa como nadie o espíritu da mar. O traverso das súas obras a mar adquire a súa autentica dimensión e dignifica un medio que é patrimonio, non só dos galegos, senón de calqueira que se precie de ter sensibilidade.
Amáis consideramos que, como tantos outros grandes xenios da nosa cultura, segue a estar marxinado a nível institucional e descoñecido a nível social.
É unha débeda que tiñamos contraída e, como parte integrante desta sociedade, ás veces ingrata, esperamos pagala dando a coñecer a súa obra.
Quenes formamos o Colectivo Urbano Lugrís?
Está integrado por todos aqueles cuio sexa obxectivo a de defender e manter a nosa Dignidade organizando e participando nas diversas actividades, conferencias, exposicions, iniciativas, movilizacións e demais eventos de carácter cultural que sirvan para crear unha sociedade mais xusta, plural e democrática.
Que obxectivos ten o Colectivo Urbano Lugrís?
dar a coñecer a obra de Urbano Lugrís;
reclamar das institucións o recoñecemento do pintor (incluilo nas rúas das cidades) e promocionar o seu legado;
dar o protagonismo que lle corresponde á sociedade civil;
servir como elemento dinamizador de calqueira iniciativa que axude a unha maior concienciación da nosa sociedade;
promover accións que dignifiquen a nosa cultura.