Dixo Lugrís que o par ten máis camiños
se en nós irrompe e no maxín se interna
e que as rosas do viño da taberna
son mapas fidelísimos mariños.
Dixo Lugrís que os bons bocois de cerna
son áxiles e breves caravelas
pra percorrer os rumos das
estrelas sen temor a soidade nin galerna.
Dixo Lugrís que pola sesta cunca
ninguén dubida da serea linda e
en canto xa coa décima se brinda
deixa Lir a fondísima espelunca
e en proporción de vello mariñeiro
vén falar con Lugrís e o taberneiro.
Darío Xoán Cabana.
II
Esta foi unha mar de camaradas,
rude xente de ferro negro e lume
que un día se investiu de moitedume
rompendo rompemares e alambradas.
Esta foi unha mar, alto resume de
patria e clas, millóns de laparadas
formando incendio, muros,
barricadas insumisas, queimando a mansedumbre.
Esta foi unha mar e un vento enorme
e un sol tremendo que ordenou a informe
desolación do tempo máis escuro.
Esta foi unha mar de homes altivos
que se souberon de repente vivos
e botaron a andar cara o futuro.
Darío Xoán Cabana
Intencións
Encheremos as velas
coa luz náufraga da madrugada.
Pendurando en dous puntos cardinais
e raeendeira esguía
do pailebote branco.
Coas súas mans loiras
acenan mil adeuses as estrelas.
Inventaremos frustradas descubertas
a barlovento dos horizontes
pra acelerar os abolidos corazóns
dos nosos veleiros defraudados.
Alaremos polo chicote
dun meridiano innumerado.
Na illa anónima
de cada singradura
esculcaremos o remorso da cidade.
Ela nostámbula desfollará
como unha margarida
prostibularia
a Rosa dos Ventos do noso corazón.
Encadearemos adeuses de escuma pra
todas as praias perdidas.
Xuntaremos cadernos en branco
da novela errante do vento.
Pescaremos na rede dos atlas
ronseles de Simbad.
E cazaremos a vela
sobre o torso rebelde das tormentas
pra trincar a escota dunha ilusión.