VISITA TEATRALIZADA A LUGO

 

O primeiro que temos que salientar da visita a Lugo é a maravillosa representación que nos fixeron tanto os actores como os músicos. Tod@s nós tiñamos a priori outra idea do que podía ser a visita teatralizada; non foi por riba das murallas senón o redor da Catedral. Pagou a pena. Achegounos un pouco mais á historia de Lugo con unha posta en escea moi orixinal, uns dialogos rigurosos ó tempo que divertidos e unha música en directo que non desmereceu - mais ben o contrario - o resto do espectáculo.
Só houbo un pero... e moitos pensamos que algo tivo que ver o Xácome:
Non visitou correctamente a Catedral e a bó seguro que cabreou a S.Froilán. Como castigo tivemos unha calor abafante.

Froilanciño, a próxima vez ten piedade de nós.

Eiqui tedes o documento gráfico para deleite dos que foron e para envexa dos que non estiveron .