Había moito tempo que o Colectivo tiña intención de organizar un serán na cidade de A Coruña. Aproveitando as festas do Rosário de A Coruña, o serán que lles propusémos foi integrado dentro das devanditas festas. Tivémos durante catro dias un pequeno posto de bebidas para recaudar fondos económicos, para rematar o domingo dia 9 de Outubro coa celebración do serán. Dende estas páxinas, agradecer fondamente a colaboración desinteresada dos grupos que actuaron e permitiron que a xornada fora o mais lúdica posíbel; Os Zirikollos, O Quarteto da Gentalha e Os Airiños do Parque Forestal estiveron durante 3 horas tocando e animando á xente a bailar e darlle, polo tanto, sentido à filosofia do serán, que non é outro que bailar e estabelecer relacións sociais. Só houbo un pequeno problema, que por outra parte xa estamos acostumados, e que non foi outro que a choiva. A asistencia e participación foi moi alta, pero cando fixo acto de aparición a devandita choiva, fomos alguns menos os que quedámos no recinto. Non podíamos ter outro sítio mellor para facer este acto, que a Praza da Fariña (para o concello Plaza de Azcárraga), pois coa súas árbores centenárias, deron un sentido especial a esta tarde-noite do serán.

 

Engade a túa proposta ou comentario