
VISITA A "Ó PORTIÑO" Dentro das actividades programadas pola Comisión de “meio-ambente” o 26 de San Xoán fixemos unha visita a “O Portiño”. Situado a 10 minutos do centro da cidade de A Coruña, vai cambiar axiña a súa fisonomia xa que está aprobado a construcción de mais de 2.000 vivendas. É o “progreso”. Foi unha visita que axiña nos fixo esquecer que moitos levabamos só 3 horas de sono. E tamén nos fixo reflexionar sobre a actitude de certas persoas que non teñen escrúpulos de ir mariscar habendo veda, como puidemos constatar en vivo e directo. |