MARATÓN LITERARIO - 2006
Un ano mais celebramos a "Maratón literaria" co gallo do dia 17 "Dia das letras galegas".
Iste ano tiña algo especial para o noso Colectivo, pois estaba adicado a figura de Lugrís Freire.
A asistencia foi moi numerosa de tal xeito que casi queda sen leer-por falta de tempo-algún membro do Colectivo. Afortunadamente isto non aconteceu puidendo facelo tod@s @s membros do Colectivo.
Nas fotos que tedes acompañando iste texto podedes comprobar quenes foron algúns dos asistentes; políticos, intelectuais, sindicalistas, xentes anónimas, picariños,... Moi emotivo foi o momento que subiron a ler tres xeneracións (pai,fillo e abó) da familia de Lugrís para deixar testemuña da súa identificación co acto. Asimesmo contamos coa asistencia - chegados dende Portugal - de outros familiares direitos de Lugrís. Como non, un ano mais, a Fundación Wenceslao Fernández Florez fixo unha leitura escenificada. Para tod@s @s participantes un agradecemento pola súa colaboración e a preparar novas iniciativas para o próximo ano.
Se queres participar no próximo maratón
chama a este número de tfno: 660346182
ou escrebe a info@colectivourbanolugris.org