RECOLLEITA DE LIBROS GALEGOS
A pescuda de iniciativas para achegar as nosas letras e autores a todas as capas da nosa sociedade, foi o que nos inducíu a plantexar ista proposta da recolleita de libros. Foi un mes e meio de campaña que non obtivo o éxito que agardabamos. Cecais as causas – unha vez mais – da escasa repercusión que tivo nos meios de comunicación, o espazo físico (un centro cívico recén inaugurado e con pouca implantación no barrio) e a novídade da iniciativa provocaron pouca expectativa. Sexa como fora, unha vez mais o Colectivo estivo presente na defensa da nosa cultura.
Por qué ista campaña? A nosa intención non foi outra que sensibilizar á sociedade sobre a necesidade da leitura en galego. Pretendemos provocar un achegamento ás obras dos nosos autores escritas no noso idioma. Que o galego, coma vehiculo de expresión, sexa accesibel a todas as capas da nosa sociedade como un síntoma de normalidade que ainda non ten acadado. |
En que consistiu a campaña? Consistiu en solicitar ás institucións públicas e privadas a cesión de libros para a súa posterior difusión. Pero a sociedade non pode quedar ó marxe se o que queremos, precisamente, é que revirta nela. Por elo é que solicitamos de tod@s vós unha contribución coa entrega de libros. |

II Maratón Literaria
Un ano máis o Colectivo fixo unha Maratón Literaria para celebrar a Dia das Letras Galegas.
Comezou o dia 17 de Maio as 12:00 cunha leitura ininterrupida de textos de autores galegos ou de obras en galego e rematou as 20:00.
Notouse un salto cualitativo e cuantitativo respeito o ano pasado. Mais participación e repercusión en certos medios de comunicación (a excepeción segue a ser A Voz de Galicia para quen practicamente non existimos) e como novidade a representación de textos a cargo de membros da “Fundación Fernández Florez”.
Se queres participar no próximo maratón
chama a este número de tfno: 660346182
ou escrebe a info@colectivourbanolugris.org
Engade a túa proposta ou comentario