INAUGURACIÓN DO LOCAL DO COLECTIVO
O Sábado 17 de Marzo foi a inauguración do local do Colectivo. Foi unha festa en todo o sentido amplio da palabra. Primeiro porque conquerimos un obxetivo que pensabamos era imprescindibel para o funcionamento e medre das nosas actividades. Porque xa temos un espazo no que poidamos ser un referente para outros colectivos e persoas. A posibilidade de facer encontros, compartir iniciativas, ter a nosa documentación, contrastar informes, consultar bibliografía,…. deixou de ser unha arela para converterse nunha realidade.
E todo ilo grazas a dous socios que nos cederon o local. O agradecemento é algo que somentes poderemos devolver sacandolle rendabilidade. Grazas unha vez mais.
En canto a festa de inauguración… pois que queredes que vos diga. Moi concurrida e animada. Xente do Colectivo (faltaba a nosa xente da emigración-Carlos,Begoña,Mónica,Andrés,Lluis) e achegados que participan con moita frecuencia nas nosas actividades. Eiqui tedes as mostras gráficas do evento que son bastante significativas. Como podedes observar as paredes están decoradas todas con fotografías dos cadros de Lugrís. Fotografías que se alguén desexa adquirir (na inauguración venderonse 40) están o voso dispor no local.
Provisoriamente o local estará aberto todos os Martes de 8 a 10, o marxe do outras actividades que xa están previstas realizar.
Como moi ben dixo o noso Presi precisamos unhas cantas cousas que queirades ceder. De momento nos ofreceron un ordenador, un scaner, seis sillas, un sofá cama,…e pouco mais. Precisamos mais sillas como algo urxente. Libros e…. bueno todo o que a vosa imaxinación crea que nos poida ser útil.
O dito que agardamos que o local se convirta nun centro vivo de actividades e un vehículo que facilite o intercambio de ideas.
En canto as actividades anunciamos que xa está pechado o programa para o 25 de Abril no Museo de Belas Artes de A Coruña e do cal xa informamos en outra sección da nosa páxina. Asimesmo xa está en marcha a maratón literaria do dia das letras galegas, tres excursións a o Eume, a Briteiros e O Pindo, a proxección dunha película e algunha cousa mais que puntualmente iremos relatando.
Lembradevos, os Martes de 8 a 10 da noite estaremos no local e se observamos que hai mais demanda para estar pois ampliaremos o horario.
. |