VISITAS ETNOGRÁFICAS

O día 4 de Decembro o Colectivo fixo unha visita ó Dolmen de Dombate, á Pedra da Serpe, a Corme, ó Castro de Borneiro e ás Torres de Mens.
Foi un día intenso, ilustrativo e relaxante. Moi didáctico, fundamentalmente, polas explicacións do guía que tivemos e Dombate e Borneiro. Valoramos que a Diputación de A Coruña e o Concello de Cabanas poñan a dispor dos visitantes guías cualificados. Aproveitamos o día para ter tamén esparcimento e a visita ó Roncudo era indispensabel. Obviamente a enchenta en Corme estivo acorde co día.
Algúns deberon pensar que poderían pillar aínda algo de chapapote do Prestige e refinalo. Por elo pensaron: "para que lle vou botar gasoliña ó meu coche". Nas fotos tedes as probas. Por certo, quen vixía é o can (perdón, perro) con Antía nin asomou o fouciño.

 

 

Engade a túa proposta ou comentario