CICLO DE CINE E LITERATURA GALEGA

    O ciclo de "Cine e literatura galega" celebrado co gallo das Letras Galegas durante todo o mes de Maio, foi un éxito de participación, debate e asistencia.     A primeira das películas - O lapis do carpinteiro - contou coa presencia de Antón Reixa (director e guionista) disculpando a súa ausencia Manuel ivas por motivos familiares.    
Houbo unha presentación por parte de Antón Reixa para posteriormente asistir á proxección que enchia totalmente a sá do CGAI     O coloquio que houbo a continuación estivo moi animado e deixou moi bó sabor de boca para a seguinte proxección.     Ista produciuse o dia 13 de Maio coa asistencia de Xavier Villaverde, productor da película "Trece badaladas".    
Unha vez mais a sá estaba chea e o coloquio foi moi animado de tal xeito que case tivemolo que cortar pola hora.    
Para rematar iste primeiro ciclo - que fixemos en colaboración co CGAI - proxectamos "O bosque animado" en dibuxos e contamos coa presencia de membros da Fundación Wenceslao Fernández Florez e o guionista da película Angel de la Cruz.     Foi unha experiencia enriquecedora que a bó seguro repetiremos en anos seguintes.