Un ano mais o Colectivo celebrou o 25 de Abril, Revolución dos Caraveis en Portugal. Iste pretendiamos que fora unha homenaxe ós cantautores portugueses, facendo especfial fincapé na figura do Zeca Afonso. Polo seu protagonismo en todo o proceso de Portugal e pola súa relación estreita con Galiza e o movemento galego "Voces Ceibes". Tamén queriamos que a homenaxe fora extensiva ós compoñentes precisamente diste movemento,"Voces Ceibes", que algúns seguimos a pensar que non tiveron o recoñecemento que merecen. E que millor para iste acto que os protagonistas foran membros de "Voces Ceibes" e músicos que tiveron unha incidencia importante nuns anos oscuros de dictadura e falta de libertades. Benedicto e Miro ( membros e fundadores do movemento) e Mini e Mero (fundadores de Fuxan Os Ventos e actualmente compoñentes de A Quenlla) Foi un acto emotivo e reivindicativo do papel que xogou o Zeca Afonso na revolución portuguesa, as relacións e anécdotas de moitos encontros e concertos entre o Zeca e músicos galegos, os problemas que había coa censura polos textos das cancións,... Unha montaxe audiovisual e musical realizada por Benedicto servíu para explicar todos istes feitos e compartir recordos con bastante xente do público asistente. "O meu País" interpretada, como non podia ser de outro xeito, por Miro Casabella, servíu de introducción a súa intervención chea de anécdotas e recordos da súa relación co Zeca e outros compoñentes de "Voces Ceibes". Remataron o acto Mini e Mero quenes non somentes nos falaron tamén daquela época, senón que nos puxeron a pel de galiña interpretando algúns temas dises que emocionalmente deixanche tocado. A asistencia o acto foi moi superior o previsto, de tal xeito, que a Caixa Galicia tivo que pechar as portas porque a capacidade do local estaba desbordada. Xente nas butacas, sillas complementarias e xente nos pasillos deitada no chan. É importante que o 25 de Abril siga na memoria da xente.
¡¡¡25 de Abril sempre!!! .