O Colectivo Urbano Lugrís quere render unha homaxe o noso País veciño, Portugal, en conmemoración do 30 aniversario da súa revolución dos cravos que representou, non só para Portugal senón para moitos paises europeos, unha espranza de que era posibel un cambio nunha sociedade feixista e dictatorial. E para nós os galegos moito máis pois estabamos a viver unha situación igual ou pior da que estaban a sofrer os portugueses. Dita homaxe materializara-se ó traverso dun proxecto cunha vertente educativa e reflexiva sobre o acontecido antes do 25, durante e despois. Para ilo presentamos-vós a seguinte programación que iremos actualizando según se vaian confirmando mais actos:

 

Unha exposición-documental, "25 de Abril: Memoria e Proxecto dun Tempo Recente", aberta dende o día 12 de Abril, ás 12h da mañá ate o domingo 8 de Maio, no Forum Metropolitano de A Coruña. A exposición, cedida polo Centro de Documentación 25 de Abril da Universidade de Coimbra, contará cun soporte visual dun CD-ROM, e dun video premiado co "PREMIO RTP 2000"

A exposición continuará o día 25 de Abril no Concello de Cambre, no Centro Cívico Cultural "O Graxal " (O Temple). O mesmo día, ás 17h haberá unha proxeción e coloquio da película "5 días, 5 noites".

E tamén no Centro Cívico Cultural "O Graxal":
- O día 30 de Abril, ás 20:30h proxeción e coloquio da película "Bom Povo Portugués"
- O día 2 de Maio, ás 19h proxeción da película "Capitanes de Abril"

 

Dúas mesas redondas:

-Venres 16 de Abril, ás oito da tarde no Circulo de Artesanos (S.Andrés,36) de A Coruña:
"25 de Abril: Unha experiencia Persoal
e Colectiva"

Participarán os coroneis Vasco Lourenço e Aprigio Ramalho, e o xornalista Adelino Gomes. Dita mesa redonda estará moderada por Enrique Tello, concelleiro de a Coruña.

-Xoves 21 de Abril , ás oito da tarde no Forum Metropolitano de A Coruña:
"A influencia do 25 de Abril na Galiza"
Participará Fortes Bouzán (historiador e militar na reserva) e outra persoa por confirmar. Moderará Xacome Santos (presidente do colectivo)

 


Proxección de 4 películas:
"Deus, Patria e autoridade",
"Cinco dias, cinco noites", "
Capitanes de Abril
"
e "Bon Povo portugués".
As datas: os días 2, 16, 23 e 29 de Abril
(E no Centro Cívico Cultural "O Graxal " (O Temple) os días 25 e 30 de Abril e o 2 de Maio)

 

 

Unha obra de teatro:
"A noite" de Saramago o dia 25 de Abril

 

E seguramente algunha sorpresa mais que de momento non iremos desvelando mentras non teñamos confirmación.